domingo, 11 de mayo de 2008

Non á directiva da vergoña

O debate sobre a directiva europea contra a inmigración irregular (coñecida pola directiva da vergonza) prevé un recorte de dereitos e liberdades en Europa dos inmigrantes en situación irregular: detención de menores estranxeiros violando os dereitos do neno, aumento a 18 meses do período de encerro de estranxeiros en situación irregular (cando na actualidade o período é de 40 días), etc. Ante esto o goberno español adoptou unha posición ambígüa dacordo co seu propósito de endurecer a súa política de inmigración que pasa por aumentar o período de internamento (declaraciones de Pérez Rubalcaba) y dejar sólos en las críticas contra esta directiva a sus homógolos socialistas franceses e italianos. En definitiva, é vergonzosa a posición do PSOE arrebatándolle parte do seu discurso (anti)inmigración ó propio Partido Popular, nun momento en que está crecendo os sentimentos xenófobos na sociedade española, e no que só podemos escoitar ó Ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, dicir cousas en negativo sobre os cidadáns estranxeiros que residen en España: "sería nefasto para la inmigración que el último que llega imponga sus normas" (¿pero es que acaso a maioría dominante está ameazada polo nosos novos hóspedes?), "veo razonable que los inmigrantes puedan votar, pero con limitaciones" (¿con que limitacións?, ¿non defende este goberno a creación de novos dereitos?, ¿ten medo o goberno a esa hipotética nova bolsa de votantes? (inaudito), "tenemos que evitar el modelo americano, que un área metropolitana se segmente por poblaciones de origen es lo peor que puede pasar", etc. Con este discurso negativizador sobre a inmigración, por non dicir reaccionario, parece que o conxunto da cidadanía só escoita un único discurso, e rápido se esquece que o crecemento económico de España débese en máis dun 50% á chegada de inmigrantes, nembargantes, este Estado rácano ten invertido só uns 700 millóns en políticas de integración no período 2004-2008. Evidentemente, o goberno fai caixa, aforra en gasto social e aínda por riba, en época de crise estigmatiza ás persoas inmigrantes. Vergoñento! Pero, para empezar a combater os ventos reaccionarios europeos, é preciso que asinemos contra a direccitva da vergoña, clicando no seguinte link.

domingo, 4 de mayo de 2008

Master Universitario Oficial en Migracións Internacionais

O Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) da Universidade da Coruña puxo en marcha o I Máster Universitario Oficial en Migracións Internacionais que se pode cursar no sistema universitario galego. O cal é unha boa noticia, pois servirá para profundizar no estudio das migracións internacionais no ámbito galego. Neste máster, que se impartirá na Facultade de Socioloxía, participarán profesores/as de garantido prestixio internacional como é o caso de David Fitzgerald (CCIS, UCSD), Rodolfo García Zamora (UAZ. México), Johan Leman (Leuven, Bélxica), Antonio Izquierdo Escribano (ESOMI, UDC), Natalia Ribas Mateos (ESOMI, UDC), Laura Oso Casas (ESOMI, UDC), etc. A coordinadora do máster é a profesora de socioloxía Carmen Lamela Viera (ESOMI, UDC) e podedes obter toda a información na páxina web do ESOMI ou enviando un e-mail á seguinte dirección: master.migracion@udc.es, ou ben descargar o tríptico informativo pulsando aquí.