miércoles, 13 de junio de 2007

Curso de Verán: As migracións nas sociedades contemporáneas

Comeza o estío, e con él chegan os cursos de verán. Nesta ocasión, temos unha interesante proposta en Caldas de Reis do 9 ó 13 de Xullo: "As migracións nas sociedades contemporáneas: os desafíos na Galicia actual" , dirixido por Raúl Soutelo Vázquez (Universidade de Vigo) e por Xoan Carlos Domínguez Alberte (Profesor de Ensino Secundario, Asesor da Secretaría de Política Lingüística). Os contidos do mesmo sitúanse na transición de Galicia de país de emigración a país de inmigración, polo cal os ámbitos temáticos sitúanse nesta intersección. No mesmo participarán Ubaldo Martínez Veiga (Universidade Autónoma de Madrid), Liliana da Orden (Universidade de Mar de Plata, Arxentina), Antonio Izquierdo Escribano (Universidade da Coruña), Laura Oso Casas (Universidade da Coruña), Carmen Lamela Viera (Universidade da Coruña), Diego López de Lera (Universidade da Coruña), María Xosé Rodríguez Galdo (Universidade de Santiago de Compostela), Xosé Manuel Núñez Seixas (Universidade de Santiago de Compostela), etc.

sábado, 2 de junio de 2007

Work is elsewhere

O proxecto "O traballo está noutro lugar" (Práce Je Jinde) é unha preciosa mistura entre creación artística e estudios migratorios. Nel cóntanse os proxectos e procesos migratorios de persoas de distintas nacionalidades, estes protagonistas ceden a voz do seu relato e a súa imaxe e a da súa vida a escritores e fotógrafos do Centro e Este de Europa. O resultado é unha combinación exquisita e innovadora de investigación e arte. É sempre agradecido atopar narrativas sociais alternativas ó clásico informe e publicación ó uso! A iniciativa é promovida por Plotki, o Multicultural Center of Prague e a propia Comisión Europea, entre outros.