
O proxecto
"O traballo está noutro lugar" (Práce Je Jinde) é unha preciosa mistura entre creación artística e estudios migratorios. Nel cóntanse os proxectos e procesos migratorios de persoas de distintas nacionalidades, estes protagonistas ceden a voz do seu relato e a súa imaxe e a da súa vida a escritores e fotógrafos do Centro e Este de Europa. O resultado é unha combinación exquisita e innovadora de investigación e arte. É sempre agradecido atopar narrativas sociais alternativas ó clásico informe e publicación ó uso! A iniciativa é promovida por
Plotki, o
Multicultural Center of Prague e a propia Comisión Europea,
entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario