miércoles, 13 de junio de 2007

Curso de Verán: As migracións nas sociedades contemporáneas

Comeza o estío, e con él chegan os cursos de verán. Nesta ocasión, temos unha interesante proposta en Caldas de Reis do 9 ó 13 de Xullo: "As migracións nas sociedades contemporáneas: os desafíos na Galicia actual" , dirixido por Raúl Soutelo Vázquez (Universidade de Vigo) e por Xoan Carlos Domínguez Alberte (Profesor de Ensino Secundario, Asesor da Secretaría de Política Lingüística). Os contidos do mesmo sitúanse na transición de Galicia de país de emigración a país de inmigración, polo cal os ámbitos temáticos sitúanse nesta intersección. No mesmo participarán Ubaldo Martínez Veiga (Universidade Autónoma de Madrid), Liliana da Orden (Universidade de Mar de Plata, Arxentina), Antonio Izquierdo Escribano (Universidade da Coruña), Laura Oso Casas (Universidade da Coruña), Carmen Lamela Viera (Universidade da Coruña), Diego López de Lera (Universidade da Coruña), María Xosé Rodríguez Galdo (Universidade de Santiago de Compostela), Xosé Manuel Núñez Seixas (Universidade de Santiago de Compostela), etc.

1 comentario:

Rosalía dijo...

Non estaría mal pasar uns diíñas pola miña terra.
E imos a aquela taberna muíño que se pasa sanidade por alí precíntaa, pero ten o seu encanto.