
O
Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) da
Universidade da Coruña puxo en marcha o
I Máster Universitario Oficial en Migracións Internacionais que se pode cursar no sistema universitario galego. O cal é unha boa noticia, pois servirá para profundizar no estudio das migracións internacionais no ámbito galego. Neste máster, que se impartirá na
Facultade de Socioloxía, participarán profesores/as de garantido prestixio internacional como é o caso de
David Fitzgerald (CCIS, UCSD),
Rodolfo García Zamora (UAZ. México),
Johan Leman (Leuven, Bélxica),
Antonio Izquierdo Escribano (ESOMI, UDC),
Natalia Ribas Mateos (ESOMI, UDC),
Laura Oso Casas (ESOMI, UDC), etc. A coordinadora do máster é a profesora de socioloxía
Carmen Lamela Viera (ESOMI, UDC) e podedes obter toda a información na páxina web do
ESOMI ou enviando un e-mail á seguinte dirección:
master.migracion@udc.es, ou ben descargar o
tríptico informativo pulsando aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario