sábado, 15 de marzo de 2008

Seminarios Abertos de Formación en Inmigración (26 e 27 Marzo de 2008)

O Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) da Universidade da Coruña celebrará na Facultade de Socioloxía os próximos 26 e 27 de Marzo dous seminarios abertos de formación. O mércores, 26 ás 10 da mañá falará a investigadora ecuatoriana Alicia Torres Proaño sobre O impacto do fenómeno migratorio na sociedade ecuatoriana”, e o xoves, 27, á mesma hora, fará o propio o investigador marroquí Mohammed Nadif nun taller titulado: "O impacto do fenómeno migratorio na sociedade marroquí". Esta é unha excelente oportunidade para escoitar falar a investigadores sobre o impacto das migracións nas sociedades expulsoras.

No hay comentarios: