domingo, 30 de agosto de 2009

IMPORT/EXPORT

Import/Export é unha das películas máis impactantes dos últimos tempos: provocadora, dura e crítica coas desigualdades crecentes na sociedade actual. Dirixida polo austríaco Ulrich Seidl no 2007, conta dúas historias en paralelo, en lugares dispares (Ukrania e Austria), con personaxes diversos, pero trazados pola mesmo clima frío. Unha muller ukraniana emigra a Austria e á súa vez un rapaz austríaco remata emigrando a Ukrania. O sentimentos de insolidariedade, intolerancia e dunha profunda soidade son permanentes na película.

Este será unha das películas que se poderá ver no mes de Septembro no CGAI (R/Durán Loriga, nº 10, baixo, A Coruña) dentro do ciclo de cinema do VI Congreso sobre as Migracións en España organizado polo ESOMI, a Aula de Cinema da Universidade da Coruña e polo CGAI. En breve colgarese a programación completa do ciclo de cinema neste blog e na páxina web do CGAI.

No hay comentarios: