
A
Secretaría Xeral de Emigración e a
Secretaría Xeral de Análise e Proxección veñen de presentar os resultados de dous estudios realizados en Galicia sobre a situación da inmigración nesta Comunidade Autónoma: por un lado, o estudio
"Situación da Poboación Inmigrante na Comunidade Autónoma de Galicia" (2006, Sondaxe);e por outro lado,
"Actitudes da Sociedade Galega cara á Inmigración" (2006). Podes
descargar o powerpoint de presentación de ditos estudios na área de publicacións sobre inmigración en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario