viernes, 20 de julio de 2007

Administración Pública e Estranxeiría: Necesidades Formativas e "Boas Prácticas"

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acaba de publicar o informe Administración Pública e Estranxeiría: Necesidades Formativas e "Boas Prácticas".
Nel podedes atopar unha investigación realizada en Galicia, Asturias, Cantabria e Andalucía sobre as necesidades de formación dos técnicos das distintas Administración Públicas en temas de inmigración (Servicios Sociais, Sanidade e Educación), e tamén podedes ver unha análise das distintas políticas públicas desenvolvidas nestas CC.AA. e localidades para acomodar ós inmigrantes estranxeiros. O traballo de campo inclúen entrevistas a Administracións Públicas Autonómicas, entidades locais, asociacións de inmigrantes, organizacións prestadoras de servizos, etc. Bótalle un ollo, calquera suxestión será benvida!

No hay comentarios: