lunes, 18 de febrero de 2008

Migracións na Galicia contemporánea

A editorial Sotelo Blanco acaba de editar o libro "Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual" que foi coordinado por Xosé Manuel Cid Fernández, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Raúl Soutelo Vázquez. O volume conta con dezaseis achegas diversas de académicos de prestixio internacional que vencellas os estudios da emigración galega a América e a Europa, coa recente chegada de inmigración a Galicia. Concretamente divídese en tres bloques: a) a emigración galega contemporánea no que participan Alexandre Vázquez, Blanca Martínez, Xosé M. Núñez Seixas, Raúl Soutelo, Liliana da Orden, X.C. Domínguez Alberte; b) muller e migracións: un estado da cuestión no que escriben M.X. Rodríguez Galdo, Laura Oso e María Villares, e Ubaldo Martínez Veiga; c) as migracións actuais: características e consecuencias demográficas e sociais, no que podemos ler as reflexións sobre estes temas de Diego López de Lera, Raquel Martínez, Buján, M. Reyes Fernández González, M.A. Santos Rego e M.Mar Moledo, Herminia Pernas, Begoña Castro e María Graciela Vázquez. En definitiva, un libro capaz de sintetizar pasado e presente migratorio e que pode achegarnos a dúas realidades que tenden pontes entre disciplinas coma son a historia e a socioloxía.

No hay comentarios: