
O debate sobre a directiva europea contra a inmigración irregular (coñecida pola
directiva da vergonza) prevé un
recorte de dereitos e liberdades en Europa dos inmigrantes en situación irregular: detención de menores estranxeiros violando os dereitos do neno, aumento a 18 meses do período de encerro de estranxeiros en situación irregular (cando na actualidade o período é de 40 días), etc. Ante esto o goberno español adoptou unha
posición ambígüa dacordo co seu propósito de endurecer a súa política de inmigración que pasa por
aumentar o período de internamento (declaraciones de Pérez Rubalcaba) y dejar sólos en las críticas contra esta directiva a sus
homógolos socialistas franceses e italianos. En definitiva, é
vergonzosa a posición do PSOE arrebatándolle parte do seu discurso (anti)inmigración ó propio Partido Popular, nun momento en que está crecendo
os sentimentos xenófobos na sociedade española, e no que só podemos escoitar ó Ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, dicir cousas en negativo sobre os cidadáns estranxeiros que residen en España: "sería
nefasto para la inmigración que el último que llega imponga sus normas" (¿pero es que acaso a maioría dominante está ameazada polo nosos novos hóspedes?), "
veo razonable que los inmigrantes puedan votar, pero con limitaciones" (¿con que limitacións?, ¿non defende este goberno a creación de novos dereitos?, ¿ten medo o goberno a esa hipotética nova bolsa de votantes? (inaudito), "
tenemos que evitar el modelo americano, que un área metropolitana se segmente por poblaciones de origen es lo peor que puede pasar", etc. Con este discurso negativizador sobre a inmigración, por non dicir reaccionario, parece que o conxunto da cidadanía só escoita un único discurso, e rápido se esquece que o crecemento
económico de España débese en máis dun 50% á chegada de inmigrantes, nembargantes, este Estado rácano ten invertido só uns 700 millóns en políticas de integración no período 2004-2008. Evidentemente, o goberno fai caixa, aforra en gasto social e aínda por riba, en época de crise estigmatiza ás persoas inmigrantes. Vergoñento! Pero, para empezar a combater os ventos reaccionarios europeos, é preciso que asinemos contra a direccitva da vergoña, clicando no seguinte
link.
2 comentarios:
isto é incrible, para que está o galicia noticias? . Os nosos políticos querendo botalos e o Galicia noticias entrevístaos pedindo axuda porque non teñen permiso de residencia e, por tanto, non poden traballar e están nunha situación de urxencia(están dicindo explícitamente que os seus problemas xenéraos a admistración). É o caso dunha familia de romaneses que non puideron pagar alugueiro e o caseiro botounos. EStán contentos porque teñen boa relación cos veciños de Padrón e os seus nenos están alí escolarizados (igual son compañeiros do meu sobriño). A Xunta deulles unha axuda de urxencia social e teñen dereito a outra de alugueiro, pero inda non recibiron os cartos. En fin...
Descubrin hoxe seu blog, por comentario dunha amiga, e a verdade, moi interesante.
Por sorte, houbo voces discrepantes aqui tamen contra a directiva do retorno. O curioso de todo, como pode permitir a esquerda ir asumindo implicitamente discursos da dereita sen inmutarse, como o caso do PSOE do Parlamento Europeo (menos tres eurodeputados).
Seguirei seu blog. Saudos ao lonxe.
Publicar un comentario